Algunhas veces o imprevisible acontece. E pola noite. Noites que, sen sabelo, son máxicas. Ou credes que as meigas non existen? Están ai, expectantes e inquietas, agardando o momento preciso, a chamada da lúa chea que oubea sen que nós poidamos escoitala…
Agora intenta ti facer o mesmo. Sumérxete na noite. Xoga coas sombras, conta as estrelas, deixa voar os teus sentidos… Evádete dos teus pensamentos e concéntrate na branca lúa de resprandor enigmático… Consegues velo? Estache alumando o camiño. Non teñas medo, dá o primeiro paso. Comeza a viaxe polo sendeiro dos teus soños.
2 comentarios:
A lúa, ti e eu expectantes...
Publicar un comentario